Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Perfil de ingreso

O perfil de ingreso ao Programa de Doutoramento en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables está orientado cara a alumnado con titulación de Grao, Enxeñaría ou Licenciatura e un mínimo de 60 ECTS cursados nunha titulación de mestrado, principalmente no ámbito da “Enxeñaría Informática e de sistemas”. Tamén se ofrece ao ámbito de “Interdisciplinaridad”, sempre que este inclúa o ámbito de “Enxeñaría informática e de sistemas”.

 

Criterios de admisión do programa de doutoramento

Darase preferencia 1 ao alumnado coas seguintes titulacións:

  • Grao/Máster en Enxeñaría Informática ou equivalente
  • Grao/Máster en Intelixencia artificial ou equivalente

E preferencia 2 ás seguintes:

  • Grao/Máster en Enxeñaría de Telecomunicacións ou equivalente
  • Grao/Máster en Enxeñaría Industrial ou equivalente
  • Grao/Máster en Matemáticas ou equivalente
  • Grao/Máster en Física ou equivalente
  • Graos/Másteres directamente vinculados aos ámbitos establecidos no perfil de ingreso

A CAPD valorará as solicitudes de admisión no programa de doutoramento en función dos seguintes criterios:

  • Aval dun/a investigador/a do programa indicando (i) a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa e (ii) que pode exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso (ata 40 puntos)
  • Expediente académico (ata 20 puntos): Aplicarase a seguinte fórmula:
    ExpPrev * Pond1 * 0,8 + ExpMaster * Pond2 * 1,2
    Sendo ExpPrev a nota media do expediente académico previo á titulación que de acceso ao programa, ExpMaster a nota media do título que dá acceso ao programa, Pond1 un dos seguintes valores numéricos: 1 cando o título corresponda ás titulacións de preferencia 1; 0,75 para as titulacións de preferencia 2 e 0,25 no resto dos casos. Pond2 un dos seguintes valores numéricos: 1 para os expedientes de estudantes procedentes dos títulos indicados como preferencia 1 e 0,5 no resto.
  • Experiencia investigadora (ata 10 puntos)
  • Experiencia profesional (ata 5 puntos)
  • Estadías de investigación (ata 5 puntos)
  • Cursos realizados e/o impartidos (ata 5 puntos)
  • Certificado de inglés (ata 10 puntos): nivel B1 no MCER (5 puntos), nivel B2 en diante (10 puntos). Poderá realizarse unha entrevista privado cando o nivel de inglés non quede suficientemente acreditado
  • Outros (premios extraordinarios, traballos divulgativos en investigación, transferencia de resultados de investigación, etc.) (ata 5 puntos)

Para ser admitido no programa de doutoramento debe alcanzarse unha puntuación mínima de 50 puntos entre os criterios indicados.

 

Procedemento de admisión

De acordo co establecido no Artigo 20 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo, o alumnado que reúna os requisitos de acceso aos estudos de doutoramento poderá solicitar a admisión no programa nos prazos establecidos pola universidade.

Cada programa de doutoramento deberá reservar, polo menos, un 5 % das prazas ofertadas para estudantes que recoñecesen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, así como para estudantes con necesidades educativas especiais permanentes e que nos seus estudos anteriores houbesen precisado de recursos e apoios para a súa plena normalización educativa. As prazas que non se cubran nesta cota especial pasarán a formar parte da oferta xeral de prazas do programa.

A CAPD, de acordo con os criterios de admisión establecidos no programa, publicará unha proposta provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación dos complementos de formación necesarios, de ser o caso, xunto coa súa correspondente lista de agarda.

As persoas non admitidas poderán presentar unha reclamación no prazo e forma establecidos na convocatoria. Transcorrido o prazo de reclamacións e resoltas estas, remitirase a relación de estudantes admitidos ao órgano de xestión correspondente, a efectos de que poidan formalizar a súa matrícula no prazo que se sinale. De non formalizar a súa matrícula, os/as solicitantes decaerán nos seus dereitos.