Competencias básicas
CB1 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito ámbito.
CB2 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB3 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB4 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB5 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB6 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
CB7 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común.
Capacidades e destrezas
CA1 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA2 - Atopar as preguntas crave que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA3 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA4 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA5 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA6 - A crítica e defensa intelectual de solucións.
Outras competencias
OC1 - Capacidade para identificar problemas abertos, aínda non resoltos, na área dos Sistemas Software Intelixentes e Adaptables.
OC2 - Capacidade para adquirir coñecementos científicos avanzados que lle permitan xerar novas ideas dentro dunha liña de investigación relacionada cos Sistemas Software Intelixentes e Adaptables.
OC3 - Adquisición do coñecemento necesario sobre os mecanismos de financiamento, e da lexislación vixente sobre protección de datos en materia de investigación e da protección legal de resultados no ámbito dos Sistemas Software Intelixentes e Adaptables.
OC4 - Capacidade para deseñar e guiar investigacións analíticas, de modelado e/o experimentais en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables, e de avaliar críticamente os datos obtidos, extraendo as conclusións oportunas.