Recursos materiais e servizos dispoñibles para os doutorandos/as
O programa dispón de recursos institucionais materiais e virtuais da Universidade de Vigo de forma centralizada, nas dependencias institucionais dos tres campus (Ourense, Pontevedra e Vigo), e descentralizada, tanto nas facultades e escolas como nas estruturas de investigación (centros e institutos de investigación, centros de soporte).
Entre os recursos centralizados son destacables (non exhaustivo):
- Infraestrutura dixital e de conectividade: Identificador persoal, correo, wifi / conectividade en campus, servizos de arquivo/disco privado virtual, aloxamento web, servizo DNS, servizos audiovisuais, videoconferencia tradicional e masiva (AccessGrid) e multimedia, UVigo-TV…
- Plataformas de teledocencia: MOOVI, Campus Remoto.
- Recursos de comunicación e divulgación xenéricos: UVigo-TV, reservas de espazos institucionais, redes sociais...
- Biblioteca Universitaria: Ofrece un amplo conxunto de recursos de información, espazos e servizos para dar soporte ás actividades de aprendizaxe, docencia e investigación.
- Recursos financeiros: Bolsas e axudas, así como posibilidades de financiamento (contratos) da carreira investigadora e soporte á mobilidade.
- Recursos ligados á produción científica (Portal da investigación), á transferencia de coñecemento (Oficina de I+D) e á difusión da investigación.
- Recursos formativos e de desenvolvemento profesional: Recursos lingüísticos, supervisión e mentoría, formación continua.
Ademais, o Regulamento de Réxime Interno da EIDO establece a infraestrutura e recursos da EIDO (sede, medios materiais e humanos, recursos de financiamiento propios).
Recursos materiais e virtuais específicos do programa de doutoramento
A Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo, Centro ao que se adscribe o programa, pon ao dispor desta titulación, do mesmo xeito que ao estudantado das titulacións de Grao e Máster: https://www.esei.uvigo.es/index.php?id=408 que inclúe aulas, laboratorios informáticos, seminarios, despachos, correo electrónico, conexión a Internet, salas de estudo e un laboratorio de libre acceso.
Existen ademais infraestruturas comúns a todos os Centros do Campus de Ourense, como a Biblioteca, así como as asociadas a actividades culturais e deportivas.
Por último, os grupos de investigación participantes no programa ofrecen unha infraestrutura propia que poñen ao dispor dos e as doutorando/as do seu PDI.
Servizos de orientación profesional
Entre os servizos de apoio institucional da Universidade de Vigo pódense mencionar:
- Emprego e Emprendemento: Facilita, en colaboración con administracións, empresas e outras institucións, información, asesoramento e formación en relación co acceso ao mercado laboral das persoas tituladas na Universidade de Vigo.
- Fundación Universidade de Vigo (FUVI): Apoia e promova a actividade emprendedora da Universidade de Vigo, así como actuacións de fomento do emprego do estudantado universitario. Realiza un traballo proactivo para a detección de proxectos de carácter innovador e cun alto contido tecnolóxico. Ademais, leva a cabo asesoramento en emprendemento para a creación de empresas e posterior acompañamento nas fases iniciais dunha startup.