Competencia básica 11 (CB11)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e dos métodos de investigación relacionados con dito campo.
Competencia básica 12 (CB12)
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
Competencia básica 13 (CB13)
Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
Competencia básica 14 (CB14)
Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Competencia básica 15 (CB15)
Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
Competencia básica 16 (CB16)
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Capacidade 1 (CA01)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
Capacidade 2 (CA02)
Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
Capacidade 3 (CA03)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
Capacidade 4 (CA04)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinario.
Capacidade 5 (CA05)
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
Capacidade 6 (CA06)
A crítica e defensa intelectual de solucións.
Capacidade 7 (CA07)
Elaborar, valorar, ler, catalogar e comprender o valor científico de fontes documentais dentro do seu ámbito de estudo e investigación, así como a súa catalogación e valor científico.
Adquisición do coñecemento necesario sobre os mecanismos de financiamento, e da lexislación vixente sobre protección de datos en materia de investigación e da protección legal de resultados no ámbito dos Sistemas Software Intelixentes e Adaptables.
Competencia xeral 2 (CG2)
Capacidad de desenvolver a actividade investigadora con responsabilidade social e integridade científica.
Capacidade para identificar problemas abertos, aínda non resoltos, na área dos Sistemas Software Intelixentes e Adaptables.
Competencia específica 2 (CE2)
Capacidade para adquirir coñecementos científicos avanzados que lle permitan xerar novas ideas dentro dunha liña de investigación relacionada cos Sistemas Software Intelixentes e Adaptables.
Competencia específica 3 (CE3)
Capacidade para deseñar e guiar investigacións analíticas, de modelado e/ou experimentais en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables, e de avaliar críticamente os datos obtidos, extraendo as conclusións oportunas.
Capacidade de transmitir os coñecementos adquiridos a persoas do sector empresarial e/ou estudantado tanto de manera oral como escrita nos diferentes idiomas empregados na súa formación.
Competencia transversal 2 (CT2)
Capacidade de elaborar, presentar, e defender en reunións científicas e ante a comunidade científica, as contribucións orixinais obtidas durante a súa investigación.