O estudantado que desexe realizar este Programa de Doutoramento presentará a súa solicitude na forma en que determinen as normas de admisión e matrícula aprobadas pola CAPD para cada curso académico, que á súa vez atenderá o establecido na Universidade de Vigo. Para ese efecto, o estudantado deberá cumprir os requisitos establecidos e acompañar a documentación acreditativa.

Respecto da selección, seguiranse os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade, e teranse en conta os criterios seguintes:

  1. Titulación de Máster ou DEA: Poderase acceder aos estudos con calquera titulación que legalmente o permita. Con todo, consideraranse prioritarias as solicitudes que mostren algunha das titulacións seguintes:
    – Máster en Enxeñería Informática.
    – Máster en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables (UVigo).
    – DEA en Enxeñaría de Software baseada en Compoñentes Reutilizables, Aplicacións en Interfaces Home-Máquina (UVigo).
    – DEA en Tecnoloxías Avanzadas para o Desenvolvemento de Software Intelixente (UVigo).
  2. Titulación de Grao, Enxeñería ou Licenciatura, consideraranse prioritarias as solicitudes que mostren algunha das titulacións seguintes:
    – Enxeñaría Informática.
    – Enxeñaría Técnica Informática.
    – Grao en Informática.
    – Enxeñaría de Telecomunicación.
    – Enxeñaría Técnica de Telecomunicación.
    – Enxeñaría Industrial.
    – Enxeñaría Técnica Industrial.
    – Licenciatura ou Grao en Física.
    – Licenciatura ou Grao en Matemáticas.
    – Graos no ámbito das TIC, e industrial.
  3. Aplicarase na selección de candidatos a seguinte fórmula:
    ExpPrev* Pond1 0,4+ ExpMsDEA* Pond2 0,6
    Sendo ExpPrev a nota media do Expediente Académico previo á titulación que de acceso ao programa, ExpMsDEA a nota media do título que dá acceso ao programa, Pond1 un dos seguintes valores numéricos: 1 cando o Título previo achegado sexa o de Enxeñaría Informática, Grao en Informática ou Enxeñaría Técnica Informática; 0,75 nos casos de Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Industrial, Licenciaturas ou Graduados en Física ou Matemáticas, e Graos no ámbito das TIC ou industrial; 0,5 nos casos doutras Enxeñerías Técnicas no ámbito das TIC ou industrial e 0,25 no resto de casos. Pond2 un dos seguintes valores numéricos: 1 para os expedientes do estudantado procedente dos títulos indicados como prioritarios no primeiro apartado e 0,5 no resto.

  4. Curriculum vitae no que se acredite o nivel de inglés e a experiencia en TIC do aspirante.
  5. Valorarase a presentación de cartas de aval de profesionais acreditados nos campos relacionados co programa de doutoramento.
  6. Entrevista persoal, naqueles casos en que o nivel de inglés non quede suficientemente acreditado, ou en caso de consideralo necesario a CAPD.

A aplicación destes criterios será a mesma para todo o estudantado independentemente da modalidade de estudos elixida (Tempo Completo ou Tempo Parcial), debido a que no Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo establécese que a elección da modalidade realízase no momento da formalización da matrícula (posterior ao proceso de admisión) e restrinxe o acceso á modalidade a tempo parcial no seu Artigo 23 á verificación do cumprimento dunha serie de motivos de carácter laboral, familiar ou persoal que deben ser sopesados pola CAPD de maneira prevía á formalización da matrícula.

 

Estudantes con necesidades educativas específicas

No caso dos estudantes con necesidades educativas específicas, estes contarán no proceso de admisión cun asesor académico nomeado pola Comisión Académica. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento analizará de forma particular os casos dos alumnos con necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade e nomeará un titor do alumno para axudarlle a garantir a adquisición das competencias propias do nivel de doutoramento.
Se é necesario a Comisión Académica recibirá un informe do titor e adaptará os servizos de apoio e asesoramento necesarios que avaliarán a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos.