A Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI) conta con varias salas para seminarios dotadas de conexión a Internet e proxectores de vídeo. Ademais, está dotada con 1 sala de videoconferencia e aulas axeitadas para a gravación e transmisión de seminarios.

Polo que respecta á Biblioteca, na ESEI existe unha aula de lectura, e no Campus atópase un importante edificio de lectura e almacenamento de libros e revistas dependente da Biblioteca Central Universitaria da Universidade de Vigo. A esta biblioteca tamén se pode acceder desde a Intranet da Universidade de Vigo.

Así mesmo, é preciso sinalar que a ESEI está preparada para o seu acceso a aquelas persoas que conten con algunha discapacidade física.

A Universidade de Vigo dispón de conexión inalámbrica á rede interna da Universidade e, a través dela, a internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal, facilitada pola universidade.

Os grupos de investigación recoñecidos no catálogo da Universidade de Vigo ligados ao programa, tamén dispoñen de recursos, materiais e servizos necesarios para desenvolver de forma plenamente satisfactoria o programa de doutoramento que se propón. En particular os grupos dispoñen de cinco laboratorios de uso exclusivo situados no Edificio Politécnico da ESEI (Escola Superior de Enxeñería Informática) do Campus de Ourense, equipados con redes de datos internas, extensións telefónicas propias, computadores de sobremesa e software ofimático e de desenvolvemento de aplicacións instalados. Estes laboratorios empréganse fundamentalmente con fins docentes (elaboración de proxectos fin de carreira e traballos fin de mestrado e de grao dos alumnos relacionados con cada grupo de investigación).

Ademais, os grupos tamén contan con tres laboratorios de uso exclusivo situados no CITI (Centro de Investigación, Transferencia e Innovación) que a Universidade de Vigo ten no PTG (Parque Tecnolóxico de Galicia) para dar soporte a grupos de investigación de referencia no sector. Estes laboratorios empréganse fundamentalmente con fins de investigación, e son empregados polos investigadores dos grupos e polo persoal contratado con cargo a proxectos de investigación para o desenvolvemento das súas tarefas. Un dos devanditos laboratorios dispón de infraestrutura específica de instalación de potencia eléctrica, illamento lumínico e acústico para os prototipos e produtos de terceiros que se desenvolvan como consecuencia das colaboracións promovidas. Complementariamente, o CITI dispón de infraestrutura apropiada para realizar reunións e está conectado directamente coa rede de datos e voz da Universidade de Vigo.

O programa de doutoramento conta cun equipo propio para dar servizo á cobertura docente e de publicidade do Programa de Doutoramento que se atopa situado no CPD da ESEI.

No que se refire a grandes infraestruturas hardware de uso exclusivo das que dispoñen os grupos para realizar as súas tarefas propias de investigación e desenvolvemento pódense destacar:

  • Monitor AutoEstereoscópico 3D 20 con sistema gráfico NVIDIA Quadro Plex 2200 D2
  • Varias cámaras dixitais de foto e vídeo
  • Electrocardiógrafo dixital
  • Sensor de saturación de osíxeno
  • Unha báscula Bluetooth
  • Dispositivos de captura de frecuencia cardíaca (un reloxo e varias bandas pectorais)
  • Dispositivos RFID
  • Varios Servidores multinúcleo de propósito xeral con 2 procesadores AMD Opteron( TM) 2350 @ 2Ghz. de 4 núcleos (8 núcleos en total), 32 Gb de memoria RAM, 2 x disco duro 900 GB (en RAID1) + 1 disco duro 1 TB. O sistema operativo é Ubuntu e ten instalado VMware Server 2.0.0 con 6 máquinas virtuais executándose na actualidade