O estudantado que desexe realizar este Programa de Doutoramento presentará a súa solicitude na forma en que determinen as normas de admisión e matrícula aprobadas pola CAPD para cada curso académico, que á súa vez atenderá o establecido na Universidade de Vigo. Para ese efecto, o estudantado deberá cumprir os requisitos establecidos e acompañar a documentación acreditativa.
Respecto da selección, seguiranse os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade, e teranse en conta os criterios seguintes:
- Titulación de Máster ou DEA: Poderase acceder aos estudos con calquera titulación que legalmente o permita. Con todo, consideraranse prioritarias as solicitudes que mostren algunha das titulacións seguintes:
– Máster en Enxeñería Informática.
– Máster en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables (UVigo).
– DEA en Enxeñaría de Software baseada en Compoñentes Reutilizables, Aplicacións en Interfaces Home-Máquina (UVigo).
– DEA en Tecnoloxías Avanzadas para o Desenvolvemento de Software Intelixente (UVigo). - Titulación de Grao, Enxeñería ou Licenciatura, consideraranse prioritarias as solicitudes que mostren algunha das titulacións seguintes:
– Enxeñaría Informática.
– Enxeñaría Técnica Informática.
– Grao en Informática.
– Enxeñaría de Telecomunicación.
– Enxeñaría Técnica de Telecomunicación.
– Enxeñaría Industrial.
– Enxeñaría Técnica Industrial.
– Licenciatura ou Grao en Física.
– Licenciatura ou Grao en Matemáticas.
– Graos no ámbito das TIC, e industrial. - Curriculum vitae no que se acredite o nivel de inglés e a experiencia en TIC do aspirante.
- Valorarase a presentación de cartas de aval de profesionais acreditados nos campos relacionados co programa de doutoramento.
- Entrevista persoal, naqueles casos en que o nivel de inglés non quede suficientemente acreditado, ou en caso de consideralo necesario a CAPD.
Aplicarase na selección de candidatos a seguinte fórmula:
ExpPrev* Pond1 0,4+ ExpMsDEA* Pond2 0,6
Sendo ExpPrev a nota media do Expediente Académico previo á titulación que de acceso ao programa, ExpMsDEA a nota media do título que dá acceso ao programa, Pond1 un dos seguintes valores numéricos: 1 cando o Título previo achegado sexa o de Enxeñaría Informática, Grao en Informática ou Enxeñaría Técnica Informática; 0,75 nos casos de Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Industrial, Licenciaturas ou Graduados en Física ou Matemáticas, e Graos no ámbito das TIC ou industrial; 0,5 nos casos doutras Enxeñerías Técnicas no ámbito das TIC ou industrial e 0,25 no resto de casos. Pond2 un dos seguintes valores numéricos: 1 para os expedientes do estudantado procedente dos títulos indicados como prioritarios no primeiro apartado e 0,5 no resto.
A aplicación destes criterios será a mesma para todo o estudantado independentemente da modalidade de estudos elixida (Tempo Completo ou Tempo Parcial), debido a que no Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo establécese que a elección da modalidade realízase no momento da formalización da matrícula (posterior ao proceso de admisión) e restrinxe o acceso á modalidade a tempo parcial no seu Artigo 23 á verificación do cumprimento dunha serie de motivos de carácter laboral, familiar ou persoal que deben ser sopesados pola CAPD de maneira prevía á formalización da matrícula.
Estudantes con necesidades educativas específicas
No caso dos estudantes con necesidades educativas específicas, estes contarán no proceso de admisión cun asesor académico nomeado pola Comisión Académica. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento analizará de forma particular os casos dos alumnos con necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade e nomeará un titor do alumno para axudarlle a garantir a adquisición das competencias propias do nivel de doutoramento.
Se é necesario a Comisión Académica recibirá un informe do titor e adaptará os servizos de apoio e asesoramento necesarios que avaliarán a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos.